BiXe_Blogue
IES Isaac Díaz Pardo de Sada
jueves, 25 de junio de 2020
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA EN 1ºESO- CAMISETAS VEXETAIS-curso 2019-2020
Na materia de Bioloxía e Xeoloxía no estudo do reino das plantas o alumnado de 1ºESO D tinguiu unha camiseta con tintes naturais (cenoura, lombarda...). Esto foi o proceso e os resultados.
jueves, 23 de febrero de 2017
OLÍMPIADA DE XEOLOXÍA
Os alumnos Amanda, Carla, Gloria de 1ºBAC A e Miguel de 1ºBAC B acompañados da profesora Mª-Jesús participaron na olimpiada de Xeoloxía celebrada en Santiago o mércores 15 de febreiro. Foi unha experiencia moi frutífera pois decatáronse dos seus coñecementos nesa materia, a pesares de non gañar.
miércoles, 18 de enero de 2017
Información importante para pendentes
Lembrade que o día 25 de xaneiro ás 18:30 terá lugar a segunda proba da materia pendente Bioloxía-Xeoloxía. Ese mesmo día recollerase o traballo asignado.
Para máis información ver a etiqueta PENDENTES
Visita ao MUNCYT e á DOMUS
O pasado 12 de xaneiro o alumnado de 3º ESO visitou a DOMUS na que tiveron que realizar diferentes actividades con respecto á función de relación e reprodución humana.
Ademáis o alumnado de 4º ESO da materia de Cultura Científica e Tecnoloxía visitou o MUNCYT no que poideron comprobar a importancia da tecnoloxía nas súas vidas.
Visita de 2º BAC con 1º ESO
Despois de patinar na pista de xeo da Coruña o alumnado de 1º ESO visitou a Casa das Ciencias e alí visualizou un vídeo relacionado coa astronomía.
O alumnado de 2º BAC da materia de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente visitou o MUNCYT e o Centro Meteorolóxico da Coruña. Nesta última aprenderon a interpretar mapas meteorolóxicos e coñeceron os diferentes aparatos para obtención de datos atmosféricos.
miércoles, 4 de enero de 2017
Aula Virtual de Bioloxía e Xeoloxía
No seguinte enlace tedes o acceso aos diferentes cursos virtuales das respectivas materias pertencentes ao Departamento de Bioloxía e Xeoloxía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)